Publicacións

Tintín visita o clube

Imaxe
Acompañado dos inefables Hernández e Fernández Monsieur Tintin visitou o alumnado máis novo do Clube de Lectura, os nosos Arrasalibros (son todos os que están, pero non están todos os que son). Como diría o bravo capitán Haddock: están feitos uns bachibuzuks. Ou incluso uns anacolutos...  

Máis "bestas científicas"

Imaxe
Aquí temos outras creacións dos Arrasalibros. Para velas ben, facede dobre clic en cada imaxe, e comentádenos... cal é o voso favorito??                                            

O BESTIARIO CIENTÍFICO DOS ARRASALIBROS

Imaxe
Aquí deixamos algunhas das creacións das mozas e mozos lectores arrasalibros, froito da lectura da obra de Antonio M. Fraga, O bestiario científico de  Anxos Nogueirosa . Cal vos presta máis???                                          

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa

Imaxe
  2ª lectura desta sección do club de lectura. Desta volta, un pouco máis complicada. En breve colgaremos as "bestas científicas" dos nosos lectores, pero antes imos ler que comentan sobre este relato...

A FILLA DE VERCINXETÓRIX

Imaxe
  Xa hai un tempo esta foi a lectura inaugural dos nosos cativos superlectores. Liquidárona, claro, nun suspiro... E que opinan dela? Imos subir comentarios!!

NACE O BLOG DO CLUBE DE LECTURA DOS MÁIS PEQUES

Imaxe
Presentamos aos "ARRASALIBROS" : os membros máis cativos do Club de Lectura "depapeletinta" . Aquí os vemos, posando coa terceira das obras que están a ler neste curso:   A señorita Bubble , da gran Ledicia Costas. Desde agora, iremos deixando por aquí as nosas impresións sobre as lecturas que vaiamos compartindo, para quen as queira consultar antes de decidirse por un libro. Tamén poderedes atopar moitas outras cousas relativas a toda a actividade que desenvolvamos arredor dos libros e as lecturas compartidas.