Aquí deixamos algunhas das creacións das mozas e mozos lectores arrasalibros, froito da lectura da obra de Antonio M. Fraga, O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. Cal vos presta máis???
Presentamos aos "ARRASALIBROS" : os membros máis cativos do Club de Lectura "depapeletinta" . Aquí os vemos, posando coa terceira das obras que están a ler neste curso: A señorita Bubble , da gran Ledicia Costas. Desde agora, iremos deixando por aquí as nosas impresións sobre as lecturas que vaiamos compartindo, para quen as queira consultar antes de decidirse por un libro. Tamén poderedes atopar moitas outras cousas relativas a toda a actividade que desenvolvamos arredor dos libros e as lecturas compartidas.
Acompañado dos inefables Hernández e Fernández Monsieur Tintin visitou o alumnado máis novo do Clube de Lectura, os nosos Arrasalibros (son todos os que están, pero non están todos os que son). Como diría o bravo capitán Haddock: están feitos uns bachibuzuks. Ou incluso uns anacolutos...
Comentarios
Publicar un comentario